0 fotosPropiedades en venta y alquiler en España
280 000 €
502 € / m²A Coruña, Val do Dubra, Calle Sobrepontes
Ref: 503414
A reformarEstado inmueble
9Dormitorios
3Baños
558 m²m2 construidos
3 100 m²Superficie del terreno
SE VENDE CASA DE PEDRA PARA REHABILITAR EN PORTOMOURO Dispón de dúas plantas. A primeira ten unha superficie de 280 metros cadrados e está distribuída en dúas grandes ás. Á esquerda existe un vestíbulo que dá paso a cociña, (que dispón de elementos tradicionais como a lareira), un office con gran espazo de almacenaxe e paso a un bonito salón con 3 balcóns que miran á parte traseira da casa. Desde os balcóns pódense admirar as bonitas vistas a parte da leira e ao río. Na outra zona, á dereita existe dous grandes salóns, con luz natural que provén tanto da parte dianteira como da traseira. Nun destes salóns hai instalados dous aseos. Esta parte foi utilizada hai décadas como salón de festas e reunións e á súa vez, na cociña preparábanse comidas xa que se usaba como bar. A planta baixa posúe 3 entradas/saídas á rúa. A planta primeira conta tamén con dous espazos diferenciados. Na á esquerda existen tres dormitorios, un deles con saída a unha bonita que á súa vez, comunica cunha ampla terraza descuberta. Esta zona posúe un baño As vistas son, do mesmo xeito que o salón de abaixo á propia leira e ao riu. No outro á existe un salón que dispón de luz natural, con amplas xanelas que dan ás dúas fachadas da casa. A continuación do salón atópanse outros 6 dormitorios, todos exteriores á rúa. A zona exterior divídese na zona axardinada ao redor da casa que supón un total de 1550 metros aproximadamente, onde se atopa un garaxe e un hórreo. O resto de leira é rústica e ten un total de 2.000 metros. Portomouro, (Val do Dubra), é un enclave bañado polo río Tambre, con importante atractivo paixaxístico natural e forestal, incluso megalítico (Pedra do Home). Existen varias rutas de senderismo, sinaladas e habilitadas que percorrren as beiras dos ríos, prados, bosques,.. . e que facilitan o contacto directo na natureza (rutas do "Río Dubra", do "Tambre" e das "Carballeiras"). Destaca no Concello a Fervenza do Rexedoiro, cascada natural impresionante e as vistas do monte Picoto. Na actualidade, Portomouro, dispón de tódolos servicios necesarios, tanto comerciais como hosteleros, para vivir cómodamente no medio da natureza. A 3 km, de Bembibre e Rial, núcleos principal do Concello. E a 15 min de Compostela.
Esta información ha sido obtenida de fuentes públicas y puede no estar actualizada. No representa un vínculo con la promotora
Información del proyecto / Estado de obra
- Estado inmuebleA reformar
Datos de la propiedad
- GarajeIncluido en el precio
- Dormitorios9
- Baños3
- m2 construidos558 m²
- Tipo de la propiedadSegunda mano
Superficies
- Superficie del terreno3 100 m²
Base
- Total plantas2
Promociones destacadas en España
Facilidades
Comodidades de la vivienda
- Trastero
- Terraza
En edificio
- Jardin
- Parking privado
Estado
- Para ser reformado
Dirección
A Coruña, Val do Dubra, Calle Sobrepontes
Going to this location!Loading...